Estudios Abertos Ourense 2026 esténdese a dúas fins de semana: o 17 e 18 de outubro, Arte na provincia, con estudios e experiencias por toda a provincia; e o 23, 24 e 25 de outubro, Arte na cidade, coa apertura simultánea dos estudios de artista da cidade de Ourense.
Abrimos as portas aos estudios de artista de Ourense e da provincia. 19 espazos e más de 30 artistas agardan por ti. Explora o mapa, coñece as propostas e planifica as túas visitas. Agardámoste.
En la primeira edición de Estudios Abertos Ourense ofrece unha experiencia profundamente diversa, na que conflúen propostas artísticas que abranguen distintas xeracións, etapas e formas de expresión da arte contemporánea e das artes plásticas.
Se xestionas ou eres parte dun establecemento comercial, hosteleiro ou industrial na cidade de Ourense ou a súa contorna e queres contribuír a facer posible este proxecto, ponte en contacto e informámoste.
Activadora de Ideas e Proxectos, é un colectivo de recente creación en Ourense, constituído por ex-alumnado e membros da comunidade educativa do Ciclo de Produción de Audiovisuais e de Espectáculos do CIFP A Farixa.
Eres artista e queres formar parte da nosa rede? Queres asociar a túa marca aos Estudios Abertos de Ourense? Contáctanos. Tamen para máis info e consultas xerais.